Centro Mixto de Investigación UDC – Navantia
Astillero 5.0. El Astillero del Futuro

Xemelgo Dixital de Test Impacto

Nesta actuación abordarase o modelado e simulación da máquina de choque MWSM, dispoñible no estaleiro de Ferrol. A máquina serve para realizar probas de choque nos propios equipos e nos da cadea de subministración que teñen que montar a bordo dos buques, e busca someter os equipos ás aceleracións que terían que soportar no caso de sufrir o efecto dunha explosión cercana. A máquina está formada por un bastidor, ao que se poden acoplar os equipos a probar, tanto en posición horizontal como inclinada, e un péndulo, que se pode elevar ata a altura desexada dentro dun determinado rango. O problema é que non é doado prever as aceleracións que sufrirá o equipo cando se realice a proba, polo que non se pode informar ao fabricante do equipo, que debe preparar o equipo para soportar aceleracións descoñecidas. Isto provoca que, en moitos casos, as aceleracións da proba non sexan as esperadas polo fabricante, o que conleva o seu sobredimensionamento, ou a destrución do equipamento, coa conseguinte perda de tempo e diñeiro. Esta liña de investigación busca paliar este problema mediante o modelado de máquinas e equipamentos, e a simulación de probas, de xeito que se poida predicir cunha precisión aceptable o nivel de aceleración que terá que soportar o equipo durante a proba, e informar sobre isto ao fabricante en adiantado.

Presentación