
ACTUACIÓNS
Liñas de investigación en activo
01
Xemelgo Dixital do Proceso e Planta
Esta liña de traballo, “Desenvolvemento do Xemelgo Dixital de Planta e Proceso”, enfócase en crear réplicas dixitais de instalacións e procesos de produción de Navantia. Proxectos piloto demostrarán a súa utilidade na xestión e produción.
02
Trazabilidade
O obxectivo é mellorar a identificación e seguimento no estaleiro. Implementaranse tecnoloxías de rastrexabilidade no Almacén Xeral e a Fábrica de Bloques, incluíndo un pallet intelixente e a integración coa nube privada 5G de Navantia.
03
Traballador Dixital
Investigación de tecnoloxías para asistir montaxe, mantemento e formación. 7 pilotos empregarán Realidade Estendida e sensores, abordando problemáticas en unidades de produción de Navantia.
04
Xemelgo Dixital do Sistema de Alimentación Distribuido
Investigación de algoritmos de IA para xestionar enerxía en buques. Emprega aprendizaxe automática, sensores e edge computing para un modelo colaborativo.
05
Inspección e Control de Calidade
Implementación de innovadoras técnicas e tecnoloxías para inspeccionar procesos en Construción Naval, incluíndo inspección visual de soldadura e control dimensional. Integración de calidade e control estatístico.
06
Xemelgo Dixital de Test de Impacto
Modelado e simulación da máquina MWSM para predicir as aceleracións en ensaios de choque en equipos navais. Busca evitar danos, sobredimensionamiento e perdas económicas ao informar o fabricante con anticipación.
07
Robotización
Desenvolvemento de simulación por software para deseñar celas e liñas de fabricación robotizadas, optimizando o seu rendemento, seguridade e espazo. Análise de viabilidade para automatizar procesos en construción naval.
08
Xemelgo Dixital da Estabilidade do Buque, a Propagación de Lume y Fumes, a Estabilidade en Averías e Sistemas Auto-Reconfigurables
Crear xemelgos dixitais para asistir tripulacións de buques militares.