O obxectivo principal desta liña de traballo consiste no desenvolvemento dunha serie de xemelgos dixitais que poidan constituír a base de aplicacións de orientación/apoio para as tripulacións de buques militares para abordar as seguintes situacións:
- Situacións derivadas de valores reducidos ou insuficientes da estabilidade do buque en estado intacto, que poden xerar tanto problemas operativos (por exemplo, non poder embarcar material esencial en situacións de combate) como de seguridade (situacións de alto risco derivadas de a perda total de estabilidade).
- Situacións derivadas de posibles avarías, tanto polo posible efecto dunha avaría individual, como polo efecto de ampliación e da avaría e a súa propagación entre os distintos compartimentos do buque, que poden levar en última instancia á perda total do mesmo.
- Situacións derivadas da aparición de incendios a bordo, así como da súa extensión polas distintas estancias do buque, e da dispersión de fume no seu interior co conseguinte efecto tanto na operatividade do buque como na seguridade do persoal a bordo.