Actuaciones

ACTUACIÓNS

Liñas de investigación en activo

ACTUACIÓNS

08 Xemelgo Dixital da Estabilidade do Buque, a Propagacion de Lume e Fumes, a Estabilidade en Avarías e Sistemas Auto-Reconfigurables

O obxectivo principal desta liña de traballo consiste no desenvolvemento dunha serie de xemelgos dixitais que poidan constituír a base de aplicacións de guía/apoio ás tripulacións de buques militares para abordar as seguintes situacións:

  • Situacións derivadas de valores reducidos ou insuficientes da estabilidade en estado intacto do buque, que poden xerar tanto problemas de operatividade (por exemplo, non podendo embarcar material imprescindible en situacións de combate) como de seguridade (situacións de alto risco derivadas da perda total de estabilidade).
  • Situacións derivadas de posibles avarías, tanto polo posible efecto dunha avaría individual, como polo efecto de extensión e da avaría e a súa propagación entre os distintos compartimientos do buque, podendo derivar como efecto último na perda total do mesmo.
  • Situacións derivadas da aparición de incendios a bordo, así como a extensión dos mesmos ao longo dos distintos locais do buque, e a dispersión do fume polo seu interior co consecuente efecto tanto na operatividade do buque, como na seguridade do persoal a bordo.

PRESENTACIÓN

Gemelo Digital de la Estabilidad del Buque, la Propagación de Fuego y Humos, la Estabilidad en Averías y la Evacuación del Buque
GRUPO DE INVESTIGACIÓN
Irene Tasset
COORDINADORA
Irene Tasset
NAVANTIA
Sara Ferreño
COORDINADORA
Sara Ferreño
UDC