EQUIPO

Xuntos impulsamos a innovación, fusionando experiencia e tecnoloxía
para construír un futuro sostible e transformar o sector naval

Logo UDC
Jerónimo Puertas

JERÓNIMO PUERTAS AGUDO

Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e doutor pola Universidade Politècnica de Catalunya. Profesor da UDC desde 1994 e Catedrático de Universidade dende 2003. É membro do Departamento de Enxeñaría Civil, na área de Enxeñaría Hidráulica, con docencia na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, nos graos de Obras Públicas, Tecnoloxía da Enxeñaría Civil e no mestrado en Xestión Avanzada da Auga. Actualmente é Vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña.

Logo Navantia
Eduardo Dobarro Rubido

EDUARDO DOBARRO RUBIDO

Enxeñeiro Superior Industrial pola Universidade da Coruña, desde marzo de 2021 é Director do Estaleiro de Ferrol e Director do Negocio de Fragatas e Buques de Intervención dentro da Dirección de Operacións e Negocios. Anteriormente, e de forma máis recente, ocupou diferentes postos de responsabilidade como a Dirección da Oficina de Xestión e Seguimento Operativo a nivel corporativo (2019) ou a Dirección do Programa F-110 (2020).

Pablo Fariñas Alvariño

PABLO FARIÑAS ALVARIÑO

Enxeñeiro Naval e Oceánico, profesor da Universidade da Coruña dende 2002 e actualmente Catedrático de Universidade da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Ferrol. Investigador en mecánica de fluídos e ciencias térmicas, en particular fluxos transitorios turbulentos e transferencia de calor con cambio de fase. Realizou 38 publicacións de WoS. IP ao remate da primeira etapa (2018) da UMI UDC-Navantia “O estaleiro do futuro”. IP da etapa de consolidación (2018-2021) da UMI, e Co-IP do Centro Común de Investigación UDC-Navantia na fase actual (2022-2025).

Rafael Morgade Abeal

RAFAEL MORGADE ABEAL

Enxeñeiro Superior Industrial pola Universidade de Vigo e Máster en dirección de RRHH pola Universidade de Barcelona. Desenvolveu a súa carreira profesional en BAZAN/IZAR/Navantia desde 1989, onde ocupou diferentes posicións nos negocios de Reparacións, Fábrica de Turbinas e Estaleiros de Ferrol e Cartaxena. Entre outros postos foi responsable de Xestión da Produción e Enxeñería de Produción dos Estaleiros da Ría de Ferrol e HRBP Site do Estaleiro de Cartaxena ata o ano 2021. Actualmente é responsable da área de Transformación Dixital e Industrial das instalacións de Ferrol e Fene.

Tiago Manuel Fernández Caramés

TIAGO MANUEL FERNÁNDEZ CARAMÉS

Co-IP por parte da UDC do Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia 2022-2025. É Doutor en Enxeñería Informática pola Universidade da Coruña, onde actualmente exerce de Profesor Titular na área de Tecnoloxía Electrónica. As súas liñas de investigación inclúen os sistemas da Internet das Cousas (IoT), o Edge Computing e a Realidade Estendida, así como outras tecnoloxías involucradas nos paradigmas da Industria 4.0 /5.0 e no futuro Metaverso. Nos devanditos campos contribuíu a máis de 140 publicacións entre artigos para revistas JCR, conferencias e capítulos de libros. A maioría destas contribucións tiveron un impacto relevante, recibindo máis de 9,000 citas (según Google Scholar), o que lle levou a figurar desde 2019 na clasificación World's Top 2% Scientists, liderado pola Universidade de Stanford, que lista ao 2% de científicos con máis impacto a nivel mundial.

Carlos Blanco Seijo

CARLOS BLANCO SEIJO

Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Desenvolveu a súa carreira profesional en BAZAN/IZAR/Navantia desde 1994, onde ocupou ata a data diferentes posicións nos programas de fragatas, entre elas, responsable do proxecto das fragatas F310 para Noruega, Xefe de Programa da Fragata F105 para a Armada española, Director de Programa dos AWD -Destrutores Australianos-, e Director de Programa da fragata española F110 ata 2020. Actualmente é responsable da área de I+D+i de Navantia. É adxunto ao delegado nacional do grupo asesor da industria da OTAN (DHoD to NIAG) e autor dunha patente no campo das infraestruturas dixitais.