Nesta xornada de difusión déronse a coñecer as liñas de investigación sobre as que se vertebra a UMI, explicadas na charla de introdución que realizaron Carlos Merino Rego e Daniel Pena Agras como responsables da Unidade Mixta. A continuación presentáronse as actuacións, derivadas destas liñas de investigación, que se iniciaron ata ese momento. Estas presentacións correron a cargo dos responsables das actuacións por parte da UDC e por parte de Navantia.
Tamén realizaron senllas presentacións as entidades colaboradoras da UMI como son CTAG (Centro Tecnolóxico do Automoción de Galicia) e a Universidade de Vigo.
Pódense ver nas ligazóns seguintes os relatorios de benvida e presentaciónd da UMI:
https://documenta.udc.es/share/s/HMaZdbbuTBedXT7knChq3A
https://documenta.udc.es/share/s/nFA9ZMtYT827KBLJ1Ps9RQ
Ademais, na seguinte ligazón pódense ver as fotos da xornada:
https://photos.app.goo.gl/9VBFHWliQXiiHGOc2