Centro Mixto de Investigación UDC – Navantia
Astillero 5.0. El Astillero del Futuro

Trazabilidade

O obxectivo global desta actuación é facilitar a identificación, trazabilidade e seguimento de diferentes elementos críticos do estaleiro, incluídos os produtos finais ou intermedios. Para iso realizaranse as seguintes tarefas:

  • Realizar unha vixilancia activa das novas tecnoloxías de identificación e trazabilidade de produtos aplicables ao estaleiro.
  • Aplicar as tecnoloxías máis prometedoras a través de dous pilotos aplicados ao Almacén Xeral e á futura Fábrica de Bloques.
  • Realizarase un piloto denominado Pallet 5.0. Este piloto proporá desenvolver un pallet intelixente que permita ofrecer funcionalidades avanzadas de trazabilidade e seguimento de produto/subproduto da futura Fábrica de Bloques do estaleiro ferrolán.
  • Desenvolver outro piloto chamado 5G Private Cloud. Neste piloto proponse integrar, no seu caso, os desenvolvementos que xurdan co ecosistema 5G que Navantia terá para dar acceso á súa nube privada.

Presentación