Actuaciones

ACTUACIÓNS

Liñas de investigación en activo

01 Xemelgo Dixital do Proceso e Planta

ACTUACIÓNS

A liña “Desenvolvemento do Xemelgo Dixital de Planta e Proceso” busca desenvolver a capacidade para poder desenvolver xemelgos dixitais das instalacións e procesos de produción de Navantia, a través do desenvolvemento de pilotos demostrativos que logren poñer en valor a funcionalidade deste tipo de solucións validando a súa utilidade práctica para mellorar a xestión do taller e a produción.

Desta maneira, esta liña demostrarase a través da execución de tres proxectos piloto que guiarán todo o proceso de desenvolvemento:

  • Unha cela automatizada para a montaxe de soportes. Esta cela inclúe un robot de manipulación e outro de soldadura automatizada.
  • Unha cela automatizada para a fabricación de previas menores e/o produtos intermedios (chapa basee máis reforzos) pertencentes ao grupo dos elementos construtivos de menor tamaño dun buque (dimensións 1m x 1m x 1m e peso máximo de 15Kg). A fabricación consistirá na recollida dos elementos desde a unidade de transporte e a incorporación e soldadura (coa súa inspección) dos elementos de reforzo sobre a chapa base.
  • O novo taller de subbloques de Navantia Ferrol. Este taller será construído durante a duración da CEMI e por tanto non pode ser iniciado desde o momento de inicio do CEMI, pero constitúe a contorna máis interesante e con maior potencial para Navantia Ferrol por tratarse dun proceso fundamental na fabricación dos bloques dun buque e que será un taller novo que adoptará un esquema de fabricación lineal. Este cambio fundamental respecto ao modelo tradicional de traballo en talleres requirirá un control exhaustivo dos avances e planificación das actividades en cada estación de traballo para evitar incidencias que paren a liña, pero a cambio permitirá alcanzar maiores niveis de produtividade, rendemento e redución de prazos para o que a solución de xemelgo dixital será unha tecnoloxía fundamental para alcanzar estes fins. Por iso escolleuse como terceiro e principal caso de aplicación do xemelgo dixital por tratarse dun taller completo no que a integración de máquinas e sensores co xemelgo dixital será levada a cabo desde o inicio da construción do taller.

Adicionalmente, como parte do fin de desenvolver o xemelgo dixital da planta, nesta iniciativa analizaranse e desenvolverán aplicacións para a visualización dos xemelgos en tablets, dispositivos móbiles e lentes de Realidade Virtual e/o Aumentada que permiten visualizar e interactuar co xemelgo de planta (seguindo os requisitos de seguridade aplicables) e realizar tarefas de mantemento, inspección e visualización de datos.

PRESENTACIÓN

GD de planta y proceso
GRUPO DE INVESTIGACIÓN
Adolfo Lamas Rodríguez - Navantia
COORDINADOR
Adolfo Lamas Rodríguez
NAVANTIA
José Luis Calvo Rolle UDC
COORDINADOR
José Luis Calvo Rolle
UDC
Diego Crespo
COORDINADOR
Diego Crespo
UDC
Alejandro Paz
COORDINADOR
Alejandro Paz
UDC
Javier Pernas
COORDINADOR
Javier Pernas
UDC