Historia | Orixe

O 12 de xullo de 2022 naceu o Centro Común de Investigación UDC-Navantia (CEMI) “O estaleiro do Futuro”, momento no que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia concedeu axudas para a súa posta en marcha (referencia: IN853C 2022/01). A dita concesión está vinculada á convocatoria competitiva coa Resolución de GAIN do 31 de decembro de 2021.

O CEMI é a continuación de dúas etapas anteriores: unha primeira vencellada á creación da Unidade Mixta de Investigación (UMI) UDC-Navantia (2015-2018) e unha segunda vinculada á súa Consolidación (2018-2021). As actuacións desenvolvidas nestas dúas etapas xurdiron da interese de Navantia por iniciar un profundo proceso de transformación orientado á sustentabilidade da compañía no mercado do século XXI. A Universidade da Coruña (UDC) contribuíu a apoiar a innovación tecnolóxica necesaria para esta transformación. A experiencia acumulada na UMI permitiu identificar novas necesidades de desenvolvemento tecnolóxico e intensificar a colaboración entre Navantia e a UDC.